Este ano 2023, no que comeza a andadura de conexiónTeleco, está cheo de actividades realizadas ao amparo desta rede.

  • Premios aos tres mellores expedientes de entrada no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación no curso 2022/23.

    Grazas ao apoio de tres empresas de conexiónTeleco (Optare Solutions, Centum R&T e BorgWarner), tres estudantes recibiron un premio de 2.000 € cada un que foron entregados nun acto celebrado o 7 de marzo de 2023 na EET.

    Desta nova fíxose eco o Faro de Vigo, recollendo opinións dos estudantes premiados.

    Podes atopar máis información nesta ligazón:
  • LPRO Days 2023.

    Esta xornada de exposición e competición dos traballos realizados por equipos de 5-6 estudantes de 4º curso do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación ten dúas partes moi diferenciadas: unha de exposición pola mañá, orientada ao alumnado pre-universitario, e outra de exposición pola tarde, orientada a empresas e visita libre. Grazas ao apoio de cinco empresas de conexiónTeleco (Marine Instruments, Optare Solutions, Quobis, Gradiant e CTAG) se puideron entregar cinco premios ás mellores propostas.

    Podes atopar máis información nesta ligazón:
  • I Olimpíadas TelecoVigo.

    Grazas ao apoio de tres empresas de conexiónTeleco (Indra, BorgWarner e máis Televés) adquirironse os kits de traballo para os equipos participantes nas categorías de ESO e FP. Igualmente, estas tres empresas patrocinaron os premios nas diferentes categorías:

    – Indra os tres premios na categoría de equipos da ESO.
    – BorgWarner os tres premios na categoría de equipos de FP.
    – Televés os tres premios na categoría individual de Bacharelato.

    Ademais, diversos medios fixéronse eco da nova (El Progreso, Faro de Vigo, Atlántico Diario, Metropolitano e, outra vez, o Faro de Vigo).

    Máis información sobre a xornada de competición e o resultado está nas seguintes ligazóns:
  • Obradoiro-reto “Es quen de facer chegar á terra os datos detectados por unha boia mariña?

    Grazas a Marine Instruments, da rede conexiónTeleco, un equipo de estudantes de EET traballou na comunicación sen fíos de datos sensorizados dende nodos illados.

    Máis información na ligazón:
  • Charla “Excelencia empresarial a través del Doctorado Industrial

    Impartición a cargo de Raquel González Ibáñez, na que se explicou a iniciativa de Indra para promover os estudos de doutoramento entre o seu persoal.

    A charla foi gravada e pódese acceder desde esta ligazón:
  • Celebración da graduación do estudantado da X promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) / Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE)  e máis da VIII promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET). 

    O estudantado de ambas titulacións desfrutou dunha xornada festiva coa súa xente querida e, grazas Centum R&T, puideron compartir unha pequena merenda coas súas familias ao rematar e grazas a Indra tiveron un agasallo moi especial: unha sudadeira cun deseño creado polo debuxante Davila especialmente para o centro:

         Máis información sobre esta xornada de celebración na seguinte ligazón:

  • Charla sobre Radar e Guerra Electrónica

    O pasado 19 de outubro, na Escola de Enxeñería de Telecomunicación (EET) tivo lugar unha conferencia excepcional por parte de Indra sobre tecnoloxía de vangarda no campo de sistemas Radar e Guerra Electrónica (EW).
  • Reunión híbrida da rede de mecenas de conexiónTeleco

    O pasado 28 de novembro, tivemos unha reunión híbrida da rede de mecenas de conexiónTeleco para valorar as accións de 2023 e seguir traballando nas que se realizarán ao longo de 2024