tsescorts.com

Plan de acción titorial

Benquerido/a alumno/a:

O Plan de Acción Titorial configurase como un instrumento a través do cal deseñase o contido e a execución de distintas accións relativas á titoría universitaria.

As actividades do PAT van dirixidas a todo o alumnado do centro, prestando unha especial atención aos estudantes de novo ingreso e ós que están rematando os estudos pois nestas situacións faise máis necesaria información que axude a ter criterios de decisión ante a nova realidade.

O alumnado de novo ingreso que voluntariamente queira participar no programa especifico de mentorización (MEET-Teleco) será incorporado a un grupo formado por aproximadamente 5 alumnos e un mentor (alumnos voluntarios de cursos superiores). Os mentores son coordinados, en grupos de 5 ou 6, por profesores voluntarios. Tanto os mentores coma os profesores coordinadores, reciben formación específica previa ao inicio do programa.

Para o alumnado de continuación de estudos, o PAT contempla reunións informativas específicas por curso/ titulación e un ou varios profesores titores de referencia (por especialidade, curso, …).

De forma gráfica presentamos os obxectivos e a estrutura do PAT:

ObjetivosPATgal

EsquemaPATgal 

Documentos e informes do PAT